Noticias

Archivo de la categoría ‘Legislación Autonómica’

Regulación Integrada de Actividades Económicas e Apertura de Establecementos.

Domingo, 13 de noviembre de 2016

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Xunta DECRETO 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos.

Este regulamento ten por obxecto establecer o réxime xurídico e o procedemento de intervención administrativa aplicables ao exercicio de actividades económicas e á apertura dos establecementos destinados a estas, e á organización e desenvolvemento de espectáculos públicos e actividades recreativas en cumprimento do mandato de desenvolvemento regulamentario contido na disposición derradeira sexta da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
Así mesmo, é obxecto deste regulamento o réxime xurídico das entidades de certificación de conformidade municipal, en execución da habilitación normativa contida na disposición derradeira sexta da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

Este regulamento aplícase:
Á instalación, implantación ou exercicio de calquera actividade económica, empresarial, profesional, industrial ou comercial no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e á apertura dos establecementos destinados a este tipo de actividades.

Á organización e celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e á apertura dos establecementos públicos destinados a este tipo de actividades.

Ás entidades de certificación de conformidade municipal que desenvolvan a súa actividade no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

DOG nº 213 de 09.11.2016

Fomento do Emprendemento en Economía Social 2016

Miércoles, 27 de julio de 2016

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

XuntaORDE do 30 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol-economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao Programa operativo do Fondo Social Europeo e ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se convocan para o ano 2016.

DOG nº 141 de 27.07.2016

Incentivos á Contratación Indefinida 2016

Martes, 26 de julio de 2016

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Xunta ORDE do 21 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do programa e incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

DOG nº 140 de 26.07.2016

Programa de Fomento e Consolidación do Emprego nas Pequenas Empresas de Nova Creación.

Lunes, 18 de julio de 2016

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

XuntaORDE do 27 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento TR807I).

DOG nº 135 de 18.07.2016

Plan Xeral de Control Tributario 2016. Galicia.

Lunes, 21 de marzo de 2016

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA

Axencia Tributaria GaliciaRESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2016 pola que se aproban os criterios xerais do Plan xeral de control tributario 2016.

DOG nº 55 de 21.03.2016

Medidas Fiscales y Administrativas. C.A. Galicia.

Martes, 1 de marzo de 2016

COMUNIDAD AUTÓNOMA DE GALICIA

XuntaLey 13/2015, de 24 de diciembre, de medidas fiscales y administrativas.

BOE nº 51 de 29.02.2016