Noticias

Programa Aluga. Persoas afectadas por execucións hipotecarias.

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Xunta– ORDE do 16 de maio de 2013 pola que se determinan como colectivo de atención preferente con axudas excepcionais as persoas afectadas por execucións hipotecarias no marco do PROGRAMA ALUGA.

Artigo 1. Colectivo de atención preferente e cualificado: persoas afectadas por execucións hipotecarias

1. Determínanse como colectivo de atención preferente, no marco do Programa Aluga, as persoas que se visen privadas da súa vivenda habitual como consecuencia de procedementos xudiciais ou extraxudiciais de execucións hipotecarias, coa consideración de colectivo prioritario ou de colectivo cualificado para o caso de ingresos anuais ponderados inferiores a 0,7 veces o IPREM, segundo o establecido nos artigos 21 e 22 do Decreto 84/2010, do 27 de maio, polo que se regula o Programa Aluga, para o fomento do alugamento de vivendas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para xustificar a pertenza ao dito colectivo deberá achegarse a documentación acreditativa de que a vivenda habitual foi obxecto de proceso xudicial ou extraxudicial de execución hipotecaria.

2. En virtude do establecido no artigo 32 do Decreto 84/2010, do 27 de maio, procederá a adxudicación directa de vivendas incorporadas ao Programa Aluga para satisfacer as necesidades de vivenda do colectivo sinalado no número anterior deste artigo.

DOG nº 103 de 31.05.2013

Etiquetas:

Los comentarios están cerrados.