Noticias

Bases reguladoras para a concesión das subvencións para fomentar a responsabilidade social empresarial (RSE) nas pequenas e medianas empresas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo

Consellería de Traballo e Benestar

Xunta– ORDE do 28 de abril de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para fomentar a responsabilidade social empresarial (RSE) nas pequenas e medianas empresas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se convocan para o exercicio 2011.

As actuacións subvencionables desagréganse nas seguintes liñas:

Liña I: axudas para a implantación de modelos, sistemas ou ferramentas de xestión que introduzan conceptos de RSE nas empresas galegas. 150.000 €.

Liña II: axudas para que a empresa reciba formación específica en materia de sustentabilidade ou responsabilidade social empresarial. 100.000 €.

Liña III: axudas para a obtención de reportes, estándares ou certificacións en responsabilidade social empresarial. 30.000 €.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas privadas con domicilio social e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia

DOG nº 95 de 18.05.2011

Etiquetas:

Los comentarios están cerrados.