Noticias

Subvencións. Incentivos a Contratación de Persoas Mozas.

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

 ORDE do 27 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras dun programa a prol da contratación e formación das persoas mozas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento TR349T).

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras polas cales se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria das subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o ano 2018, coa finalidade de facilitar a inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, e favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade.

DOG  nº 72 de 13.04.2018

 

Compartir en Facebook
Compartir en Twitter

Etiquetas: