Noticias

COVID-19. Compendio de Legislación (18.09.2020)

19 de septiembre de 2020

CRISIS SANITARIA COVID-19

Derecho Europeo, Estatal y Autonómico

Compendio de Legislación

Edición Actualizada a 18.09.2020

CÓDIGOS ELECTRÓNICOS B.O.E.

Protocolos Saúde Pública: Illamentos e Corentenas. Covid-19 Galicia.

31 de agosto de 2020

CONSELLERÍA DE SANIDADE

 ORDE do 29 de agosto de 2020 pola que se aproba o Protocolo de actuación  da Consellería de Sanidade en materia de saúde pública en relación con illamentos e corentenas para a prevención e o control da infección polo SARS-CoV-2 e se ditan instrucións para a tramitación dos procedementos sancionadores nestes casos.

DOG nº 175 do 29.08.2020

Centros Educativos. COVID-19 Galicia.

31 de agosto de 2020

CONSELLERÍA DE SANIDADE

 ORDE do 28 de agosto de 2020 pola que se modifican determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a  transición cara a unha nova normalidade, e se dispón a publicación da Orde comunicada do ministro de Sanidade, do 27 de agosto de 2020, mediante a que se aproba a declaración de actuacións coordinadas en saúde pública fronte ao COVID-19 para centros educativos durante o curso 2020/21.

DOG nº 174-bis do 28.08.2020

 

Medidas de Prevención. COVID-19 Galicia.

17 de agosto de 2020

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 15 de agosto de 2020 pola que se modifican determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

DOG nº 164 do 15.08.2020

Plan Xeral de Control Tributario 2020. Galicia.

31 de julio de 2020

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA

 RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2020 pola que se aproban os criterios xerais do Plan xeral de control tributario 2020.

DOG nº 153 do 31.07.2020

COVID-19 Galicia. Territorios Afectados. Obriga de Comunicación.

28 de julio de 2020

CONSELLERÍA DE SANIDADE

 RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Saúde Pública, na que se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga  de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoal procedentes doutros territorios.

De acordo co punto cuarto da Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios, deberán comunicar os datos de contacto e da súa estadía na Comunidade Autónoma de Galicia previstos no anexo da dita orde, nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada, as persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, nos seguintes territorios:

  • En calquera dos países do continente africano.
  • Nos seguintes territorios do continente americano: Arxentina, Bahamas, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, República Dominicana, Ecuador, El Salvador, Guatemala, Honduras, México, Montserrat, Panamá, Paraguai, Perú, Porto Rico, San Vicente e As Granadinas, St Martin, Surinam, Illas Tartarugas, Estados Unidos, Illas Virxes, Venezuela, Haití, Xamaica e Nicaragua.
  • Nos seguintes territorios de Asia: Bahrein, Bangladesh, India, Irán, Iraq, Israel, Kazakstán, Kuwait, Kyrguistán, Líbano, Maldivas, Omán, Palestina, Filipinas, Qatar, Arabia Saudí, Singapur, Emiratos Árabes, Uzbequistán, Afganistán, Bután, Brunei, Camboxa, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia e Vietnam.
  • Nos seguintes territorios de Europa: Albania, Andorra, Armenia, Austria, Acerbaixán, Belarús, Bélxica, Bosnia-Hercegovina, Bulgaria, Croacia, República Checa, Kosovo, Luxemburgo, Moldavia, Mónaco, Montenegro, Macedonia do Norte, Portugal, Romanía, Rusia, Serbia, Suecia e Ucraína.
  • Nas comunidades autónomas de Aragón, Cataluña, Navarra, País Vasco e La Rioja.
DOG nº 150 do 28.07.2020