Noticias

Archivo de la categoría ‘Legislación Social’

Programa: Incentivos á Contratación por Conta Allea 2020

martes, 7 de enero de 2020

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

 ORDE do 21 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración e se procede á súa convocatoria para o ano 2020

Coa finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos parados e paradas de longa duración que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, e proceder á convocatoria dos incentivos á súa contratación por conta allea para o ano 2020.

Por medio desta orde as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial, para a contratación temporal cunha duración inicial de 12 meses e para a formación

Procedemento TR349R

DOG nº 3 do 07.01.2020

 

 

Programa: Emprega Muller 2020

martes, 7 de enero de 2020

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

 ORDE do 20 de novembro de 2019 pola que que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea e a formación das mulleres desempregadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020

Coa finalidade de facilitar a inserción laboral das mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras dos incentivos á súa contratación por conta allea, en réxime de concorrencia non competitiva, e proceder á súa convocatoria para o ano 2020.

Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación por conta allea e a formación de mulleres desempregadas

Procedemento TR350A

DOG nº 3 do 07.01.2020

Programa: Emprega Discapacidade e Exclusión 2020

martes, 7 de enero de 2020

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

 ORDE do 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, formación e emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020

Esta orde ten por obxecto regular as axudas que favorezan a contratación das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social na empresa ordinaria e, especialmente, daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral

Procedemento TR342A

DOG nº 3 do 07.01.2020

 

Programa: Emprega Xuventude 2020

martes, 7 de enero de 2020

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

 ORDE do 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Xuventude de incentivos á contratación e formación de persoas mozas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras polas cales se rexerá, en réxime de concorrencia non competitiva e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria das subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o ano 2020, coa finalidade de facilitar a inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permaneceren no mercado de traballo, favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade.

Procedemento TR349T

DOG nº 3 do 07.01.2020

Medidas en Materia Tributaria, Catastral y de Seguridad Social.

martes, 31 de diciembre de 2019

JEFATURA DEL ESTADO

 Real Decreto-ley 18/2019, de 27 de diciembre, por el que se adoptan determinadas medidas en materia tributaria, catastral y de seguridad social.

BOE nº 312 de 28.12.2019

Calendario Laboral 2020. Galicia.

jueves, 19 de diciembre de 2019

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

 DECRETO 81/2019, do 27 de xuño, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2020

DOG nº 132 de 12.07.2019

Xefatura Territorial de A Coruña

 Resolución desta xefatura territorial pola que se determinan as festas laborais de carácter local correspondentes a todos os concellos da provincia de A Coruña para o ano 2020

BOP nº 218 de 15.11.2019

Xefatura Territorial de Lugo

 Resolución desta xefatura territorial pola que se determinan as festas laborais de carácter local correspondentes a todos os concellos da provincia de Lugo para o ano 2020

BOP nº 254 de 06.11.2019

Xefatura Territorial de Ourense

 Resolución desta xefatura territorial pola que se determinan as festas laborais de carácter local correspondentes a todos os concellos da provincia de Ourense para o ano 2020

BOP nº 252 de 02.11.2019

Xefatura Territorial de Pontevedra

 Resolución desta xefatura territorial pola que se determinan as festas laborais de carácter local correspondentes a todos os concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2020

BOP nº 220 de 15.11.2019

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

 ORDE do 4 de outubro de 2019 pola que se establecen os domingos e festivos en que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2020.

DOG nº 194 de 11.10.2019