Noticias

Archivo de la categoría ‘NORMATIVA AUTONÓMICA’

Programa: Incentivos á Contratación por Conta Allea 2020

martes, 7 de enero de 2020

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

 ORDE do 21 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración e se procede á súa convocatoria para o ano 2020

Coa finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos parados e paradas de longa duración que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, e proceder á convocatoria dos incentivos á súa contratación por conta allea para o ano 2020.

Por medio desta orde as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial, para a contratación temporal cunha duración inicial de 12 meses e para a formación

Procedemento TR349R

DOG nº 3 do 07.01.2020

 

 

Programa: Emprega Muller 2020

martes, 7 de enero de 2020

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

 ORDE do 20 de novembro de 2019 pola que que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea e a formación das mulleres desempregadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020

Coa finalidade de facilitar a inserción laboral das mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras dos incentivos á súa contratación por conta allea, en réxime de concorrencia non competitiva, e proceder á súa convocatoria para o ano 2020.

Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación por conta allea e a formación de mulleres desempregadas

Procedemento TR350A

DOG nº 3 do 07.01.2020

Programa: Emprega Discapacidade e Exclusión 2020

martes, 7 de enero de 2020

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

 ORDE do 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, formación e emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020

Esta orde ten por obxecto regular as axudas que favorezan a contratación das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social na empresa ordinaria e, especialmente, daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral

Procedemento TR342A

DOG nº 3 do 07.01.2020

 

Programa: Emprega Xuventude 2020

martes, 7 de enero de 2020

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

 ORDE do 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Xuventude de incentivos á contratación e formación de persoas mozas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras polas cales se rexerá, en réxime de concorrencia non competitiva e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria das subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o ano 2020, coa finalidade de facilitar a inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permaneceren no mercado de traballo, favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade.

Procedemento TR349T

DOG nº 3 do 07.01.2020

Medidas Fiscais e Administrativas.

viernes, 27 de diciembre de 2019

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

 LEI 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

DOG nº 246 de 27.12.2019

Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020

viernes, 27 de diciembre de 2019

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

 LEI 6/2019, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

DOG nº 246 de 27.12.2019